Características
Están presentes en hábitats moi diferentes. Hai animais invertebrados terrestres, outros son acuáticos e algúns poden voar.
A pesar desta gran diversidade, os invertebrados teñen algunhas características comúns:
- Non teñen esqueleto interno con columna vertebral.
- Son ovíparos, é dicir, que se reproducen por ovos.
Outras das características son:
Protección
O corpo dos animais invertebrados é brando. En ocasións, non teñen ningunha estrutura de protección no seu corpo, como é o caso das lesmas ou das medusas. E, noutras ocasións, si contan con protección, a cal pode ser en forma de:
- Cunchas, coma no caso das ameixas.
- Pel dura, coma no caso dos escaravellos.
Simetría
Conxunto de ósos ou cartilaxe, presentes nos animais vertebrados.


