Dispositivos externos de memoria secundaria e a reprodución multimedia.
Veremos aquí como xestionar a nosa información nos dispositivos de memoria secundaria: pendrives, cd's, dvd's,...
Reprodución de material multimedia.
Reprodución de contidos multimedia
- Reprodución de vídeos da internet.
Dende calquera navegador accedendo por exemplo a youtube deberíamos poder visualizar e escoitar sen problema calquera vídeo.
Premendo co botón dereito do rato na icona de son da barra de aplicacións poido acceder ao seguinte menú
que me leva a seguinte aplicación, á que tamén poido acceder dende Menú de aplicativos --> Son e Vídeo --> PulseAudio Volume Control
-
- Lapela Playback
-
- Lapela Output Devices: por defecto no apartado Port aparece Speakers que serían os altofalantes do propio equipo, no caso de que conecte un altofalante externo ou uns casos dita opción debería cambiar a Headphones (plugged in).
- Reprodución de Cd's de Audio.
Se selecciono directamente o dispositivo dende o xestor de arquivos "Menú de aplicativos --> Accesorios --> Ficheiros" xa hai unha opción que permite abrir o Reprodutor multimedia VLC que me permite reproducir con facilidade os audios dispoñibles no CD.
Tamén podería abrir o reprodutor VLC dende "Menú de aplicativos --> Son e Vídeo --> Reprodutor multimedia VLC"
Apreciamos como neste caso ao abrir o PulseAudio Volume Control, na lapela Playback xa directamente aparece identificada a orixe da reprodución, neste caso VLC
- Reprodución de DVD's multimedia.
Podería facelo do mesmo xeito que no caso dos CD's de audio, coa diferenza que ao acceder ao DVD a través do reproductor VLC, tería que selecionar na opción disco DVD, tal como aparece na seguinte imaxe.
- Contidos multimedia en pendrives e disco duro.
Abrindo o cartafol contedor a través de "Menú de aplicativos --> Accesorios --> Ficheiros" ao facer doble click no arquivo xa automáticamente abre no reprodutor VLC o arquivo.
Tamén a través do reprodutor VLC premendo no menú Multimedia --> Abrir ficheiro