Dispositivos externos de memoria secundaria e a reprodución multimedia.

Sitio: Aula Virtual
Curso: Introdución a Linux
Libro: Dispositivos externos de memoria secundaria e a reprodución multimedia.
Impreso por: Invitado
Data: sábado, 24 de xaneiro de 2026, 11:35 AM

Descrición

Veremos aquí como xestionar a nosa información nos dispositivos de memoria secundaria: pendrives, cd's, dvd's,...

Reprodución de material multimedia.

Pendrives

Formatear pendrive.

Para poder empregar un pendrive para almacenar información nel, o primeiro paso é que teña un formateo axeitado que permita o sistema poder traballar de xeito óptimo coa información.

Cómo formatear???

Podemos realizar esta tarefa de varias formas.

  • Menú de aplicativos --> Sistema --> Discos

Ferramenta que nos amosará as unidades de memoria secundaria que temos conectados ao equipo, así como a sua estrutura e características.

Premendo na unidade de pendrive , na parte dereita vemos as súas características:

  • Modelo
  • Tamaño
  • Número de serie.
  • Volumes (indica a sua estrutura, formateo e particionamento)
    • A primeira icona que aparece serve para desmontar/montar o dispositivo.
    • A segunda icona permite configurar e realizar varias operacións sobre o dispositivo:

  • Tamaño libre/usado
  • Identificación do dispositivo físico. (/dev/sdb neste caso)
  • Contidos : Indica o tipo de formateo que ten e o cartafol no que está montado.(FAT (versión de 32 bits) — Montado en /media/usuario/6304-78D1)

  • Menú de aplicativos --> Accesorios --> Ficheiros

Seleccionando a unidade de pendrive e logo premendo co botón dereito do rato tamén poido acceder a un menú no cal hai unha opción que me permite formatear.

Onde podemos seleccionar o método desexado de formateo, e incluso dar un nome ao dispositivo.

Unidades de CD e DVD

As unidades de CD e DVD nun principio son unidades de só lectura *, co cal non podería escribir información nelas.

Poido acceder a súa información a través de calquera xestor de ficheiros, e se intento dar formato sobre ditos dispositivos aparecerá un erro semellante ao da imaxe.

* Podemos mercar CD's ou DVD's en branco, destinados a grabar información neles, para o que tería que empregar ferramentas específicas, por exemplo no sistema actual temos Xfburn (Menú de aplicativos --> Son e Vídeo --> Xburn )

Reprodución de contidos multimedia

  • Reprodución de vídeos da internet.

Dende calquera navegador accedendo por exemplo a youtube deberíamos poder visualizar e escoitar sen problema calquera vídeo.

Premendo co botón dereito do rato na icona de son da barra de aplicacións poido acceder ao seguinte menú que me leva a seguinte aplicación, á que tamén poido acceder dende Menú de aplicativos --> Son e Vídeo --> PulseAudio Volume Control

    • Lapela Playback

    • Lapela Output Devices: por defecto no apartado Port aparece Speakers que serían os altofalantes do propio equipo, no caso de que conecte un altofalante externo ou uns casos dita opción debería cambiar a Headphones (plugged in).

  • Reprodución de  Cd's de Audio.

Se selecciono directamente o dispositivo dende o xestor de arquivos "Menú de aplicativos --> Accesorios --> Ficheiros" xa hai unha opción que permite abrir o Reprodutor multimedia VLC  que me permite reproducir con facilidade os audios dispoñibles no CD.

Tamén podería abrir o reprodutor VLC dende "Menú de aplicativos --> Son e Vídeo --> Reprodutor multimedia VLC"

Apreciamos como neste caso ao abrir o PulseAudio Volume Control, na lapela Playback xa directamente aparece identificada a orixe da reprodución, neste caso VLC

  • Reprodución de  DVD's multimedia.

Podería facelo do mesmo xeito que no caso dos CD's de audio, coa diferenza que ao acceder ao DVD a través do reproductor VLC, tería que selecionar na opción disco DVD, tal como aparece na seguinte imaxe.

  • Contidos multimedia en pendrives e disco duro.

Abrindo o cartafol contedor a través de "Menú de aplicativos --> Accesorios --> Ficheiros" ao facer doble click no arquivo xa automáticamente abre no reprodutor VLC o arquivo.

Tamén a través do reprodutor VLC premendo no menú Multimedia --> Abrir ficheiro