Os dispositivos (Discos, rato, teclado, impresora, USB, etc, etc.) en GNU/Linux está asociados e accesibles a través dun ficheiro; éstos aparecen como entradas no cartafol /dev,que significa dispositivo(device), e reciben nomes estandarizados según o seu tipo.

/dev/sda, /dev/sdb, /dev/sdc, etc… Sería para los dispositivos SCSI (actuales)

/dev/sda >>>> Primeiro dispositivo SCSI

/dev/sdb >>>> Segundo dispositivo SCSI

/dev/sdc >>>> Terceiro dispositivo SCSI

En calquera dispositivo poderemos crear ata 4 particións primarias.

Se precisamos máis particións teríamos que convertir unha delas nunha partición extendida e, dentro de esta última poderemos todas as particións lóxicas que queiramos.

En resumo, calquera dispositivo poderá albergar como máximo:

4 particións primarias ou ben

3 particións primarias e 1 partición extendida

Nun dispositivo SCSI, que é o que comúnmente teremos (sexa un Disco Duro ou un USB), as particións primarias van enumeradas do 1 ao 4

As particións lóxicas (que están dentro dunha partición extendida) sempre se enumerarán do 5 en adiante.

.

Vexamos un exemplo real nun PC e un USB conectado con varias particións.

Usaremos o comando blkid para listar todo o particionado do/s disco/s duro/s e pendrive

root@debian:/home/usuario# blkid

/dev/sda1: UUID=”d3b7bc85-2869-48fd-be3d-0ce27a2cca92″ TYPE=”ext4″

/dev/sda5: UUID=”acf11cda-22c2-4308-afda-928489177ea4″ TYPE=”swap”

/dev/sda6: UUID=”d2d76980-4783-4bbc-829b-24df65359c2b” TYPE=”ext4″

/dev/sdb1: UUID=”06fe2606-85c8-402f-af58-560c6d2bc966″ TYPE=”ext2″

/dev/sdb2: UUID=”c03b5fb7-32eb-45c8-925e-071425cc5a4a” TYPE=”ext3″

Podemos apreciar que temos dous dispositivos SCSI con varias particións cada un que serían en este caso:

Última modificación: martes, 31 de xaneiro de 2017, 3:22 PM