Preparar unha presentación empregando o Impress para un tempo de exposición aproximado de 10 minutos. Terá entre 10 e 15 diapositivas. Engadirase o texto do orador nun documento diferente, cos párrafos explicativos para cada unha das diapositivas. A presentación debe de ser tan gráfica como sexa posible, sen abusar do emprego de texto.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a interacción oral
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita e oral
ENUNCIADO DA TAREFA PUBLICADA POLO DOCENTE
Crea unha presentación axudándote do programa LibreOffice Impress, así como os textos do orador. Expón aos teus compañeiros o tema tratado na aula
Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)
Recursos: Creación de presentacións eficaces
TRABALLO DO ALUMNO
1. Crear a presentación empregando Impress
2. Editar o texto do orador co que se comenten as diapositivas empregando o procesador de textos Writer
3. Inserir os dous documentos nun cartafol e comprimilo en formato zip
4. Subir o archivo zip ao EVA
