Identificarse a dirección do centro coas credenciais persoais.
Premer en"3. Conta"
Premer en "3.2. Do meu centro"
Premer en "Engadir"
No apartado "Tipo", premer no despregable.
Seleccionar "Dispositivo"
Cubrir os datos identificativos da conta
Datos da conta
A modo de exemplo aparece na imaxe unha conta que sería do tipo:
wifi.probaequipo.correo.do.centro@edu.xunta.gal
No lugar de correo.do.centro aparecerá o nome do seu centro.
Os nomes da conta elixidos deben facilitar a identificación do equipo/dispositivo.
Crear unha conta para cada dispositivo.
Como responsable das contas de correo deberá sinalarse á persoa directora do centro ou persoa en quen delegue.
Polo momento non se poderán editar as contas creadas nin suprimilas.
Conexión á wifi edu.xunta.gal
Unha vez configurada a conta do dispositivo, nos lugares que haxa cobertura da wifi edu.xunta.gal configurar o dispositivo seguindo os pasos descritos no manual.