Section outline

  • wifi 

    WiFi

    edu.xunta.gal

    ABALARPRO
    • Esta documentación recolle os datos de configuración da nova rede Wi-Fi corporativa edu.xunta.gal.
      Esta rede substitúe á rede anterior (edu.xunta.es) que estaba dispoñible nos centros con instalación integral da rede Wi-Fi ou naqueles centros integrados nos proxectos E-Dixgal ou Abalar.
      Segundo os distintos escenarios pódense atopar nos centros situacións nas que convivan outras coberturas de rede Wi-Fi:
      •  Rede Abalar: en centros da rede Abalar. 
      •  Rede SIEGA: con identificación da rede (SSID) ED_xxxxxxxx 
        (onde xxxxxxxx representa o código do centro)
  •   Configuración da WiFi "edu.xunta.gal"

    tema
    • Para acceder á nova WiFi "edu.xunta.gal" é imprescindible que o usuario realizara o cambio de contrasinal da conta corporativa con posterioridade ao día 4 de agosto de 2022, a través da ligazón: 

       https://www.edu.xunta.gal/contausuario 

      A Wi-Fi "edu.xunta.gal" permite a conexión desde calquera dispositivo autenticándose coas credenciais corporativas ("nome de usuario/a" e "contrasinal"), é dicir, os mesmos datos que utiliza para acceder á conta de correo electrónico. Esta Wi-Fi está dispoñible tanto nas propias aulas E-Dixgal (é un dos SSID que emiten os AP que dan cobertura a estas aulas), coma no entorno das aulas E-Dixgal ata onde chega a cobertura dos puntos de acceso E-Dixgal.

    • importante Maqueta Abalar

    • importante Ubuntu / Debian / CentOS

    • importante Android

    • importante Windows

    • importante MacOS / iOS
    • Ficheiro de configuración para sistemas MacOS / iOS (Apple)

  •    Manual de configuración da WiFi "edu.xunta.gal"

    tema
  •    dispositivo icono Creación de contas wifi de dispositivos tema
    • Esta funcionalidade facilita a todos os centros educativos a posibilidade de crear contas de dispositivos para conectarse á WiFi corporativa edu.xunta.gal. Estas contas poden utilizarse, sempre que sexa preciso e así o determine a dirección do centro, para conectar dispositivos de uso común nos que non sexa práctico empregar contas persoais: ordenadores de aula, impresoras, paneis interactivos, etc.

      Non implica un buzón de correo, as contas son só para a conectividade wifi.

    • wifi Manual web
    • Contidos Manual en versión PDF