Idiomas
Neste libro veremos estes aspectos sobre os idiomas para a interface de Moodle:
- As opcións principais relativas ao comportamento de Moodle respecto dos idiomas da súa interface.
- A instalación de novos idiomas adicionais ou a súa eliminación.
- A personalización das traduccións dun idioma concreto.
Veremos as seguintes opcións:
- Detección automática do idioma.
- Idioma predeterminado.
- Presentar o menú de idiomas.
- Idiomas no menú de idiomas.
Para acceder ao menu de configuracións de idiomas teremos que premer dende a páxina principal no menú de Administración do Sitio e dirixirnos a lapela de idioma.
Neste apartado atoparemos tres submenús:
- Configuración de idioma.
- Personalización do Idioma.
- Paquetes de idioma.
Configuración do Idioma
Cando prememos sobre a configuración do idioma aparencen unha serie de opcións que imos describir a continuación:
Detección automática do Idioma: Ten unha casilla de verificación que si se marca, Moodle detecta o idioma predeterminado do noso navegador. Se non verificamos a casilla Moodle elixe o idioma predetermidado que temos configurado.
Idioma predetermidado: Nesta pestana podemos definir o idioma predeterminado para o noso Moodle, aínda que cada usuario despois poda elexir o seu propio idioma.
Presentar o menú de idiomas: Esta opción ten unha casilla de verificación que si esta premida presenta de modo accesible o menu de idioma na páxina principal. Isto non afecta á capacidade do usuario para definir os idiomas preferidos no seu propio perfil.
Idiomas no menú de idiomas: Se o deixamos en branco, o menú incluirá tódolos idiomas instalados. Podemos reducir o menú de idioma introducindo unha lista de códigos de idiomas separados por comas e sen espazos en branco (por exemplo: en,es,fr,gl,it). Neste formulario de Moodle hai dous erros que levan a engano: os espazos en branco despois das comas; e o uso do código de idioma es_es que actualmente non existe.
