Idiomas

Sitio: Aula Aberta Webs Dinámicas
Curso: Moodle 2.6 - Documentación para o administrador
Libro: Idiomas
Imprimido por: Usuario convidado
Día: sábado, 13 de diciembre de 2025, 13:40

Descripción

Neste libro veremos estes aspectos sobre os idiomas para a interface de Moodle:

  • As opcións principais relativas ao comportamento de Moodle respecto dos idiomas da súa interface.
  • A instalación de novos idiomas adicionais ou a súa eliminación.
  • A personalización das traduccións dun idioma concreto.

Veremos as seguintes opcións:

  • Detección automática do idioma.
  • Idioma predeterminado.
  • Presentar o menú de idiomas.
  • Idiomas no menú de idiomas.

Menú Administración do sitioPara acceder ao menu de configuracións de idiomas teremos que premer dende a páxina principal no menú de Administración do Sitio e dirixirnos a lapela de idioma.

Neste apartado atoparemos tres submenús:

  1. Configuración de idioma.
  2. Personalización do Idioma.
  3. Paquetes de idioma.

Configuración do Idioma

Cando prememos sobre a configuración do idioma aparencen unha serie de opcións que imos describir a continuación:

Detección automática do Idioma: Ten unha casilla de verificación que si se marca, Moodle detecta o idioma predeterminado do noso navegador. Se non verificamos a casilla Moodle elixe o idioma predetermidado que temos configurado.Idioma predeterminado

Idioma predetermidado: Nesta pestana podemos definir o idioma predeterminado para o noso Moodle, aínda que cada usuario despois poda elexir o seu propio idioma.

Presentar o menú de idiomas: Esta opción ten unha casilla de verificación que si esta premida presenta de modo accesible o menu de idioma na páxina principal. Isto non afecta á capacidade do usuario para definir os idiomas preferidos no seu propio perfil.Selector de idiomas

Idiomas no menú de idiomas: Se o deixamos en branco, o menú incluirá tódolos idiomas instalados. Podemos reducir o menú de idioma introducindo unha lista de códigos de idiomas separados por comas e sen espazos en branco (por exemplo: en,es,fr,gl,it). Neste formulario de Moodle hai dous erros que levan a engano: os espazos en branco despois das comas; e o uso do código de idioma es_es que actualmente non existe.

Idiomas no menú de idiomas

Veremos o seguinte:

  • Como instalar un novo idioma.
  • Como eliminar un idioma previamente instalado.
  • Como actualizar os idiomas instalados

Instalación dun novo idioma na nosa aula virtual.

Moodle dispón de máis de 100 paquetes de idioma que o administrador pode instalar. Cando queremos instalar un idioma seguimos a seguinte ruta: Administración do sitio > Idiomas > paquetes de idioma. Seleccionamos os idiomas a instalar da lista de paquetes de idioma dispoñibles e eliximos o botón para "Instalar paquete de idioma seleccionado"

.Paquetes de idiomas

Eliminación dun idioma previamente instalado

Para realizar esta operacion diriximonos a Administración do sitio > Idiomas > paquetes de idioma, seleccionamos o idioma a eliminar e prememos sobre Desistale o paquete de idiomas seleccionado, esta operación solicitará a nosa confimación.

Desistalar paquete de idioma


Confirmar desinstalación de idioma

Como actualizar os idiomas instalados

Para actualizar todos os paquetes de idioma instalados, exceptuando o de Inglés e os paquetes locais, eleximos o botón de "Actualizar todos os paquetes de idioma instalados" en Administración > Administración do sitio > Idioma > Paquetes de idioma.