Adaptacións e melloras
Na busca dunha actividade máis accesible para todos e todas propoñemos unha serie de melloras básicas no caso de dificultades visuais:
1.Diferentes rugosidades. Imprimir as tres pezas principais (Sol, Terra e Lúa) con diferentes opcións de rugosidade na superficie exterior da peza. Neste caso o Sol está máis liso, a Lúa presenta cráteres e a Terra posúe unha superficie intermedia.
2.Cores de alto contraste. Empregar PLA en cores de alto contraste. Podes revisar a percepción visual empregando a app CV Simulator na tablet de Polos creativos C: Common (Normal color vision), P: Protanope, D: Deuteranope e T: Tritanope.
A diferenza da percepción das cores nas catro situacións é aceptable.
3.Aumentar tamaño. Engadir pezas de programación de maior tamaño cortadas en goma eva de 5 mm de espesor. As pezas poden escalarse dende os arquivos orixinais svg da páxina de Scratch Tactile.
4.Diferentes materiais táctiles. Engadir no fondo do tabolerio, en cada posición, un material recortado (reciclado ou de baixo custe) con diferentes superficies distinguibles ao tacto para identificar o tipo de posición. Por exemplo, anacos de feltro, esponxa, plástico de burbullas ou similar.
5.Explora a cegueira total. Para comprobar cal é a percepción dunha persoa con discapacidade visual total bota man dun pano escuro ou dun anteface negro tentando programar o movemento dos planetas.