Programación creativa e inclusiva
O programa Scratch Tactile, en colaboración con Polos creativos, oferta un primeiro achegamento á programación por bloques físicos (que representan instruccións de código, persoerios e fondos) de xeito analóxico e sen dispositivos.

Scratch Tactile non está limitado a un grupo específico nin a unha etapa educativa en concreto. É unha ferramenta educativa moi sinxela pensada para que cualquer persoa, con ou sen discapacidade, poda descubrir o mundo da programación.
Empregando as fases do pensamento computacional pódese aprender a programar de xeito sinxelo fabricando o noso taboleiro, as pezas, os fondos e os obxectos. Traballar deste xeito dentro do Polo creativo non ten dúbida.
Mans aos Polos, imos aló!
Eclipses solares
O fascinante evento ocultará momentámente o Sol pola presenza do noso satélite, a Lúa. Nesa posición de aliñamento vai producirse unha interferencia na radiación solar emitida pola nosa estrela quedando zonas a escuras. Este fenómeno vai ser un gran evento astronómico para toda a comunidade educativa e cómpre estar preparado entendelo e observalo con seguridade.
