Investigando coa electrónica
O reto consiste en montar o cubo das constelacións, o cal se iluminará grazas ao paper circuit que integrarás no seu interior. Aprenderás a montar un circuíto de papel e a facer un interruptor facilmente. O cubo axudarache a orientarte na noite das Perseidas e, tamén, a atopar a constelación de Perseo.

Certificado oficial de guía da eclipse
Lembra que, para obter o teu certificado astronómico como guía oficial da eclipse, precisas documentar ben esta actividade e compartila no espazo Polos creativos da páxina web do centro.
A superación deste reto equivale á Misión 2 do teu certificado.
Unha vez teñas superadas as dúas misións propostas, conseguirás o teu certificado astronómico.
