A través deste recurso, coñecerás os segredos do ceo nocturno durante as Perseidas, creando o teu propio cubo de constelacións, ao mesmo tempo que constrúes un paper circuit.

Os paper circuits (circuítos de papel) funcionan creando un camiño condutor sobre papel, xeralmente con cinta de cobre ou tinta condutiva, para conectar unha pequena batería (3V) e outros compoñentes como luces LED. Funcionan como un circuíto eléctrico pechado, onde a electricidade flúe dende o polo positivo da batería, a través do LED e regresa ao negativo.