Neste recurso descobre os segredos do ceo nocturno durante as Perseidas creando o teu propio cubo de constelacións ao mesmo tempo que constrúes un paper circuit.

Os paper circuits (circuítos de papel) funcionan creando un camiño condutor sobre papel, xeralmente con cinta de cobre ou tinta conductiva, para conectar unha pequena batería (3V) e compoñentes como loces LED. Funcionan como un circuíto eléctrico pechado, onde a electricidade flúe desde o polo positivo da batería a través do LED e regresa ao negativo.