Por que será tan especial o 12 de agosto de 2026?
O 12 de agosto de 2026 será un día único en Galicia por dúas grandes razóns:
- Unha eclipse total de Sol: Pola tarde, antes de que se esconda o Sol, a Lúa poñerase xusto diante del e taparao por completo, facendo que se faga "de noite" de súpeto por uns minutos.
- Unha noite perfecta para as estrelas: Esa mesma noite será o momento en que máis Perseidas poderanse ver. Ademais, como haberá Luna nova (que é cando a Lúa non se ve no ceo), a noite estará moi, moi escura, e iso axudará a que as estrelas fugaces brillen con moita máis forza.

Que son as Perseidas?
As Perseidas son o que moita xente chama "estrelas fugaces", pero en realidade son pequenas motitas de po e pedras que un cometa chamado 109P / Swift-Tuttle deixou esquecidas no espazo mentres viaxaba ao redor do Sol.

A choiva de meteoros parece ter un único centro de orixe, un punto do que parecen xurdir todas as estrelas fugaces. Ese punto denomínase "radiante" e a súa localización utilízase para nomear á choiva de estrelas. Así pois, as Perseidas teñen o seu radiante na constelación de Perseo.

Cada ano, polo mes de agosto, a Terra pasa por ese camiño cheo de po. Cando esas motitas chocan co aire que rodea o noso planeta (a atmosfera) a moitísima velocidade, quéntanse tanto que se queiman e brillan durante un segundo. Iso é o que vemos como un raio de luz cruzando o ceo! A estas luces tamén llas coñece como "Bágoas de San Lorenzo".
Como podemos ver as Perseidas?
Para ver as Perseidas non necesitas telescopio nin lentes especiais para a noite. O mellor é ir a un lugar escuro sen farois.

Busca o Norte, porque alí está a constelación de Perseo. Para localizalo, debemos fixar a vista na Estrela Polar, da constelación da Osa Menor. Mira cara ao Nordés, tombarche boca arriba no chan e espera a que os teus ollos afáganse á escuridade para gozar do espectáculo.