Xeografía e Historia 1º ESO
Section outline
-

Neste tema imos a estudar a formación do relevo terrestre e os axentes internos e externos que o modifican
-

Neste tema imos a estudar a presenza da auga na Terra: augas continentais e augas mariñas. Mapa mundi cos océanos e cos principais mares do mundo, ríos e lagos.
-

Neste Tema imos a estudar a diferenza entre tempo e clima, os diferentes elementos que inflúen no tempo e no clima: temperatura, presión, precipitacións e vento...
Tamén imos estudar a atmosfera: capa da Terra onde se dan os fenómenos meteorolóxicos.
Estudaremos as zonas climáticas da Terra.
Por últimos aprenderemos a interpretar un climograma e un mapa do tempo.
-
-

Xoga e repasa con este kahoot sobre o relevo continental e costeiro, ríos e mares de Europa.
-

Neste tema imos a estudar as paisaxes de selva, sabana e deserto que se atopan na zona cálida da Terra.
Tamén analizaremos as paisaxes principais da zona temperada da Terra: paisaxe mediterránea, paisaxe oceánica e paisaxe continental.
Por último, veremos as paisaxes frías da Terra: paisaxes polares e paisaxes de alta montaña.
-
Definimos paisaxe, distinguimos entre paisaxe natural e paisaxe transformada, e veremos polo miúdo as distintas paisaxes da Terra.
-
Ola, rapaces. Subo o kahoot que tiñamos pendente para que repasedes ao longo da semana que ven.
Lembrade utilizar un nome identificable, e se é co apelido, mellor!!!
-

Actividade para facer como repaso da UD 4: A RELACIÓN ENTRE AS PAISAXES DA TERRA E AS PERSOAS. Despois de completar todas as preguntas e revisalas, gardades o arquivo en formato PDF e subídelo á aula virtual. Lembrade respectar os prazos.
-
-
-
Repasando e xogando ao kahoot divertímonos e aprendemos. Completa este kahoot utilizando o teu nome e primeiro apelido, e lembra que o que conta son as respostas correctas e non os puntos.
-
Crea un proxecto no Google Earth onde teñas que cruzar a península ibérica de Norte a Sur ou de Leste a Oeste, sinalando as principais formas de relevo continental, ríos e relevo costeiro.
Sube o enlace de Google Earth como texto en liña.
-
No mapa físico que aparece no Padlet, inclúe unha imaxe dun elemento do relevo peninsular (montaña, serra, cordilleira, chaira, depresión, val...) e outra do relevo costeiro (península, cabo, golfo, praia, illa..) engadindo información á imaxe.
Tes que situar exactamente ese elemento de relevo no seu emprazamento correspondente.
Para escribir ou inserir o marcador, picades na icona superior dereita, para ampliarvos o mapa.
-
Fotocopia un mapa físico mudo de España en DIN A3, localiza dous parques nacionais que aparecen sinalados no seguinte mapa e dous parques naturais que aparecen no enlace máis abaixo. Con axuda do Google Earth fai unha captura de pantalla de ditos parques, despois imprímela (formato reducido) e engádelle información (que tipo de espazo protexido é, en que provincia e Comunidade Autónoma se sitúa, o número de hectareas que ten e o ecosistema que ten a preservar). Despois sitúaos no mapa.

Para elexir dous parques naturais, selecciónaos de esta páxina:
https://www.naturaspain.com/parques-naturales-de-espana.html
-

-
Unidade didáctica na que traballaremos a etapa máis longa da humanidade: a Prehistoria, que consta de Paleolítico, Neolítico e a Idade dos Metais.
-
Fichas de rapaso e reforzo sobre o tema da Prehistoria. Botádelle unha ollada e ídeas facendo para repasar para a proba escrita.
-

Fichas onde aparecen textos sobre diversas facetas da vida do home do Paleolítico nunha novela de ficción obra da escritora estadounidense Jean M. Auel
-
Velaquí tedes a presentación que estivemos vendo nestes días na clase. Non a hai que estudar. Está pensada para que entendades sobre todo a que nos referimos cando dicimos que o proceso de hominización non foi lineal. Ademais sérvenos para familiarizarnos con conceptos técnicos e para comprender como de pequenos anacos de óso agochan moita información. Por último esta presentación xunto co que falamos na clase tamén busca incidir en que o estudo da evolución está en continuo cambio.
-
A presentación está feita sobre os datos do libro pero buscando aclarar conceptos que no libro só a parecen nomeados para facilitar a comprensión e despois, o estudo. Conviña que mirárades a presentación e despois estudárades o libro.
-
-

As civilizacións fluviais: Mesopotamia e Exipto
-
Resumo da unidade didáctica sobre as principais civilizacións fluvias, a que se ubica en Mesopotamia e no val do Nilo, en Exipto. Veremos as súas etapas históricas, a sociedade, crenzas e principais mostras de arte: arquitectura, escultura e pintura.
-

