Section outline

    • CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DE XEOGRAFÍA E HISTORIA



      Probas escritas un 70%.

      - Outros indicadores 30%. Esta porcentaxe quedará desglosada da seguinte maneira:

      • 10% caderno de clase: cada avaliación revisarese o caderno de clase que será de uso exclusivo para a materia de Xeografía e Historia. A súa corrección será mediante unha rúbrica.

      • 10%: Proba sobre os mapas explicados e feitos cada avaliación.

      • 10% Traballo diario: tarefas e actividades a realizar na clase e/ou na casa: Neste apartado hai que aclarar que a a puntuación máxima de cada tarefa será proporcional dentro deste punto(10%) ao número de tarefas realizadas cada Avaliación.

      • Para superar a materia é necesario ter como mínimo un 5 en cada avaliación.

      • A nota final da materia será a media das tres avaliacións- teñen que estar aprobadas todas-, sempre redondeando ao número enteiro máis próximo.

      CRITERIOS DE RECUPERACIÓN

      O alumnado que teña unha avaliación suspensa fará un exame que conteña a totalidade da materia desa avaliación.Ademais se o profesorado o estima oportuno poderase complementar con actividades de reforzo.

      -Se ao final de curso o alumnado continúa tendo algunha avaliación suspensa fará un exame de recuperación final. Así se a suspensa é só unha avaliación examinarase desa unicamente. Pero se son dúas ou tres as avaliacións suspensas, neste caso o alumnado que estea nesta situación terá que facer un exame de toda a materia. Deberase obter como mínimo un 5 para superar a materia.