TEMA 7: RELEVO E HIDROGRAFÍA DE ESPAÑA
Section outline
-
-
Repasando e xogando ao kahoot divertímonos e aprendemos. Completa este kahoot utilizando o teu nome e primeiro apelido, e lembra que o que conta son as respostas correctas e non os puntos.
-
Crea un proxecto no Google Earth onde teñas que cruzar a península ibérica de Norte a Sur ou de Leste a Oeste, sinalando as principais formas de relevo continental, ríos e relevo costeiro.
Sube o enlace de Google Earth como texto en liña.
-
No mapa físico que aparece no Padlet, inclúe unha imaxe dun elemento do relevo peninsular (montaña, serra, cordilleira, chaira, depresión, val...) e outra do relevo costeiro (península, cabo, golfo, praia, illa..) engadindo información á imaxe.
Tes que situar exactamente ese elemento de relevo no seu emprazamento correspondente.
Para escribir ou inserir o marcador, picades na icona superior dereita, para ampliarvos o mapa.
-
Fotocopia un mapa físico mudo de España en DIN A3, localiza dous parques nacionais que aparecen sinalados no seguinte mapa e dous parques naturais que aparecen no enlace máis abaixo. Con axuda do Google Earth fai unha captura de pantalla de ditos parques, despois imprímela (formato reducido) e engádelle información (que tipo de espazo protexido é, en que provincia e Comunidade Autónoma se sitúa, o número de hectareas que ten e o ecosistema que ten a preservar). Despois sitúaos no mapa.

Para elexir dous parques naturais, selecciónaos de esta páxina:
https://www.naturaspain.com/parques-naturales-de-espana.html