Section outline
-

A asistencia ás clases é obrigatoria e é responsabilidade de cada alumno/a e dos seus pais ou titores legais. Cando unha parte do grupo realice unha actividade complementaria ou extraescolar, aqueles que non participen teñen a mesma obriga de cumprir o seu horario lectivo.
___________________________
Saída anticipada do alumnado.
Durante a súa xornada lectiva, o alumnado de ESO só poderá abandonar o recinto do centro acompañado do/a pai/nai/titor legal, unha vez cuberto o impreso correspondente en conserxería. O alumno/a avisará ao profesor/a correspondente da hora de recollida, quen lle permitirá a saída de clase, e baixará á biblioteca con antelación suficiente para agardar a chegada dos seus país. Lémbrase que dentro das funcións dos conserxes non está a de subir a buscar aos alumnos ás aulas, xa que teñen outras tarefas quenon poden descoidar.
________________________________________
Ausencias á clase. Xustificación de Faltas
Os alumnos que falten a clase deberán presentar o xustificante dentro dos dous días seguintes á súa incorporación ás clases, amosándollelo ao profesorado co que faltou antes de entregarllo ao seu titor. O xustifacante da ausencia pode pedirse na Conserxería do centro. A ausencia do alumnado a unha proba específica de avaliación deberá ser comunicada con antelación, se estaba prevista, e necesariamente xustificada con documentación.
Ó final desta mesma páxina encontrarán o impreso descargable.
___________________________________________________
Horario de atención a nais/pais por parte do profesorado.
Para solicitar unha entrevista con algún Profesor/a ou con o Titor/a compre dirixirse a el/ela mediante o correo electrónico ou mediante os vosos fillos/as. A solicitude dunha entrevista por vía telefónica é de difícil atención pola dificultade (e mesmo imposibilidade en moitas ocasións) de localizar ao profesor/a no momento da chamada. Nalgúns casos tamén pode realizarse a petición mediante a aplicación de Abalar móbil.
O horario de atención ás familias por parte do profesorado pode consultarse seguindo esta ligazón.
___________________________________________________
Horario do alumnado.
O horario do alumnado pode consultarse seguindo esta ligazón.
______________________________________________________
Programacións didácticas dos Departamentos
Este ano temos dúas normativas estatais en vigor, polo que para acceder ás distintas programacións didácticas haberá que telo en conta. As programacións LOMCE son as que corresponden ás materias dos cursos pares e as programacións LOMLOE son as que corresponden ás materias dos cursos impares.
As Programacións didácticas LOMCE e LOMLOE dos Departamentos do IES no Curso 2022-2023 pódense consultar seguindo a ligazón.
__________________________________________________________________-
Participación do alumnado en convocatorias de folga
Atendendo ao que a lexislación educativa recolle sobre a participación do alumnado en convocatorias que repercuten sobre o seu dereito á reunión, a normativa do noso centro seguirá as pautas resumidas neste documento.