Calificando Entregas

Rúbrica
Materiais, expresión e significado
A obra presentada denota unha busca activa de materiais e unha selección esixente dos mesmos para conseguir comunicar ideas, sensacións ou emocións persoais.
2 puntos
A obra presentada denota busca de materiais, aínda que sen demasiada selección, conseguindo comunicar ideas, sensacións ou emocións.
1.5 puntos
Os materias empregados non denotan busca activa nin selección, aínda que se consegue comunicar con eles certas ideas, sensacións ou emocións.
1 puntos
Os materiais empregados son casuais, sen busca nin selección previa e a obra non comunica ningunha idea ou emoción.
0.5 puntos
Realización e composición
A obra está construída con esforzo e coidado. Os diferentes elementos están perfectamente ensamblados e transmiten coherencia formal e conceptual: están colocados cunha intencionalidade clara e interese compositivo.
2 puntos
A obra está construída con esforzo e coidado. Os diferentes elementos están ben ensamblados pero con pouca coherencia formal ou conceptual: non están colocados cunha clara intencionalidade ou a composición é casual.
1.5 puntos
A obra está construída con pouco esforzo ou coidado. Os diferentes elementos están deficientemente ensamblados e denotan incoherencia formal e conceptual
1 puntos
A obra está construída sen ningún esforzo e coidado. Os diferentes elementos non están ben ensamblados e amosan desinterese na composición.
0.5 puntos
Creatividade
É unha proposta orixinal e persoal en todos os seus aspectos: materiais, composición, ideas, significados, proceso, experimentación e título.
2 puntos
É unha proposta orixinal e persoal en varios dos seus aspectos
1.5 puntos
É unha proposta pouco persoal ou orixinal na que se aprecia pouca busca e experimentación.
1 puntos
Utiliza ideas alleas sen darlles crédito.
0.5 puntos
Documento do proceso
Os bosquexo e anotacións transmiten perfectamente o proceso creativo. Está moi ben presentado.
2 puntos
Preséntanse bosquexos e anotacións que reflicten perfectamente o proceso creativo.
1.5 puntos
Os bosquexos e anotacións transmiten de maneira confusa o proceso creativo.
1 puntos
Non se presentan bosquexos ou anotacións que transmitan o proceso creativo
0.5 puntos
Presentación
Participa na exposición das obras expresando opinións propias e amosando respecto e interese polas propostas dos demais.
2 puntos
Participa na exposición das obras amosando respecto e interese polas propostas dos demais.
1.5 puntos
Participa na exposición das obras expresando ideas propias pero sen amosar interese e respesto polas propostas dos demais.
1 puntos
Participa na exposición das obras sen achegar ideas propias nin amosando interese polas propostas dos demais.
0.5 puntos