Résumé de section

    • 📢 Curso realizado por Paula Álvarez (FOL) en Atenas. A entidade que imparte o curso é Europass Teacher Academy

    • Os proxectos STEAM son proxectos colaborativos entre diferentes materias: como mínimo dúas materias STEM 🔬 (ciencias, tecnoloxía, enxeniería ou matemáticas) cunha materia que forma parte da "A" 🎨 como debuxo, música, idiomas... 

      Para levalos a cabo, hai que partir dunha pregunta condutora que presenta un problema que precisa dunha solución. 

    • rkd,l

    • 🌸 Padlet 

      ➡️ Plataforma que permite a organización de traballos mediante a colaboración dos estudantes. 

    • 🌸 Question Well

      ➡️ Plataforma que permite transformar vídeos de youtube en vídeos interactivos con preguntas, para poder avaliar ao alumnado ou para utilizar a metodoloxía de "Flipped classroom". 

      🎬 Exemplo, vídeo Primeiros Auxilios (FOL): Exemplo Question Well

    • 🌸 Teachable Machine

      ➡️ Plataforma que permite crear modelos de aprendizaxe. Funciona con imaxes ou con audio. Por exemplo, pódese adestrar ao modelo para que identifique follas de plantas que están sas ou que están enfermas.

    • 🌸 NotebookLM

      ➡️ Esta plataforma usa a IA para crear presentacións, tarxetas de preguntas, vídeos explicativos e ata podcast a partir de materiais que podemos compartir ou mediante recursos online seleccionados por nós. 

      🎬 Resumo dun vídeo creado a partir da plataforma para explicar un tema de FOL: 

      Autoorientación Laboral

    • 🌸 Quizizz is now Wayground | Teacher AI and Resources

      ➡️ Serve para crear xogos para a aula, similar a Kahoot pero máis novidoso. nyj

    • 🌸 Suno | AI Music Generator

      ➡️ Plataforma que serve para crear cancións de diferentes temas mediante a IA. 

      🎤🎶Exemplo: Canción sobre os verbos irregulares (inglés) Irregular Harmony by coralbay67 | Suno

    • 🌸 ARLOOPA - Augmented and Virtual Reality App and Game Development Company

      ➡️ Plataforma de Realidade Aumentada na que aínda non afondei, pero podedes facelo vós 😉

    • 🌸 Actionbound

      ➡️ Esta plataforma permite crear gincanas ou scape rooms con diferentes probas. Nas diferentes probas poden engadirse recursos dos que menciono nesta sección.

      O alumnado ten que descargar unha app para poder utilizala. 

    • 🌸 Google Gemini

      ➡️ Empregamos Gemini Gems para crear un bot que desenvolvese proxectos STEAM, compartindo con el a plantilla e a guía de proxectos STEAM que deixei na carpeta do inicio.

      Desta forma, a IA dábanos un problema a resolver (pregunta condutora), as materias implicadas, as tarefas a realizar nas diferentes sesións e a forma de avalialo. O prompt para empregar con Gemini está tamén no documento de guía