Section outline

  • BACHARELATO: que debo saber?


    MODALIDADES BACHARELATO LOMLOE

    Como se organiza o Bacharelato, que modalidades hai?

    Son 2 cursos de Bacharelato, organizados seguindo 3 modalidades e unha modalidade nova, chamada modalidade xeral.




    No seguinte enlace do Blog de Mónica Diz, accedes á presentación das características do bacharelato en Galicia según a nova lei LOMLOE.

    https://www.slideshare.net/monicadiazbesada/o-bacharelato-2022pdf-252039828


    Como se titula?

    Para acadar o título de Bacharel, hai que ter superadas todas as materias (na avaliación ordinaria, ou nas probas extraordinarias en xullo). 

    Excepcionalmente poderase titular cunha materia avaliada negativamente se se cumpren simultaneamente os seguintes requisitos:
    1. O equipo docente considera que alcanzou as competencias e os obxectivos.
    2. Non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada.
    3. A alumna ou o alumno presentouse ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.
    4. A media aritmética das cualificacións de todas as materias da etapa é igual ou superior a 5.

    Pero ATENCIÓN: Si tes algunha materia avaliada negativamente na convocatoria ordinaria de xuño, terás que examinarte na convocatoria de xullo para poder obter o título con estas condicións.

    Que me permitirá o título de Bacharelato, cales son as sáidas?

    Na seguinte presentación podes atopar toda a información sobre as saídas académicas de 2º de bacharelato

    preme aquí para ver a presentación  Dedo png imágenes | PNGWing Saídas 2º Bacharelato


    Que pasa se cambio de idea ao rematar 1º de Bacharelato, podo cambiar de modalidade?

    Cambiar de modalidade é posible pero non é doado. En determinadas condicións pódese cambiar de modalidade ou de itinerario en 2° curso. Se fora o caso, xa o consultarías co DO, pero o ideal é pensalo ben agora, pois cambiar de modalidade de Bacharelato suporía cursar as materias troncais de 1° curso, ademais das de 2°.

    Ao rematar 4º de ESO, é habitual non saber aínda a que te queres adicar; non te preocupes se non te decides por un Ciclo ou Grao Universitario en concreto aínda, pero intenta definir a área dos que te interesan máis (para acertar na elección de modalidade).

    Cambiar na elección das materias, sen afectar á modalidade, é máis doado. Pero existen unhas materias, denominadas de continuidade (son as materias que se chaman igual nos dous cursos), que son materias de aprendizaxe progresiva. Deberás superar a materia de 1º para poder ser avaliada da materia de 2º .

    En caso de non ter cursada a de 1º, poderías matricularte da materia de 2º sempre que o profesorado que a imparta considere que reúnes as condicións necesarias para aproveitar a materia de 2º, e se establecerían os requisitos para superar a materia pendente de 1º.
    Estas materias son as seguintes (Anexo 3 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro de a ordenación e o currículo do bacharelato en Galicia)


    Cal é a oferta de Bacharelato no IES de Soutomaior ?

    ESTES DOUS DOCUMENTOS SON OS IMPRESOS DE PRE-MATRICULA PARA 1º  E 2º DE BACHARELATO DO IES DE SOUTOMAIOR PARA O CURSO 2025-2026.

    Impreso de pre matrícula 1º de Bacharelato curso 2025-2026

    Impreso de pre matrícula de 2º de Bacharelato curso 2025-2026

    DENDE XEFATURA DE ESTUDOS E ORIENTACIÓN IREMOS PASANDO POLAS AULAS PARA ACLARAR AS DÚBIDAS QUE POIDADES TER.