Section outline

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • Que teño que facer?

      Escribir unha carta explicando o que vou facer dentro de dous anos (IN TWO YEARS TIME).

      Que preciso?

      Utilizar as formas de futuro WILL e BE GOING TO.

      RECORDA: Diferencia ben entre PREDICCIÓNS e PLANS de FUTURO!!!

      Unha cartulina, unha foto sacada dunha revista, unha foto dixital, lapis, papel, ordenador, programa de deseño gráfico CANVA, etc.  A carta pode ser en formato analóxico ou dixital.

      Como fago?

      Repaso a teoría sobre as formas de futuro WILL e BE GOING TO. Consulto a presentación Genially  e o resumo gramatical que teño na sección Week 6.

      Fago unha tabla e nunha columna escribo o que espero que aconteza (non teño certeza, é unha predicción) e na outra o que teño intención de facer, os meus plans.

      Escribo un saúdo: Dear XXX, Hi!, etc.

      Divido o texto da miña carta en dous parágrafos:

      1- Escribo do que me parece que farei en dous anos.

      2- Escribo dos plans que teño agora para poder conseguir que as prediccións que fixen no primeiro parágrafo se fagan realidade.

      Escribo unha despedida: Take care, All the best, etc.

      Escribo un borrador na libreta e reviso ben que os tempos de futuro estean ben empregados (poden ser tamén en forma negativa ou interrogativa).

      Escribo entre 50 e 70 palabras.

      Escribo o meu nome, primerio apelido e curso.

      Preparo a versión definitiva para entregar á profesora. Dixital (documento Word/ PDF/ Canva) ou analóxico (en papel). Tanto unha versión como a outra teñen que ter a parte da imaxe e a parte do texto.

      Como envio a tarefa?

      Preferiblemente pola Aula Virtual.

      Ao correo maria-ingles@sanpaio.com