Section outline

    • RECURSOS

    • Neste vídeo Oliver e Alfie deciden participar nunha carreira de bicis. Atención ao uso que fan das formas verbais WILL e GOING TO. O vídeo ven acompañado dunha explicación gramatical en forma de preguntas e respostas.

    • A autora da famosa saga Harry Potter está publicando este conto por Internet en entregas semanales.  É unha ocasión que tedes de practicar a comprensión lectora. Xa saíron dúas entregas. 

      Premede no título THE ICKABORG JK ROWLING para acceder ao conto.

    • Seguimos avanzando na expresión do FUTURO. O present continuous tamén se utiliza para falar de cousas que están CONCERTADAS, que están MARCADAS NA AXENDA para os próximos días. Por exemplo, se eu teño un exame marcado para dentro de dúas semanas, direi I AM HAVING A MATHS EXAM IN TWO WEEKS ( Teño un exame de mates en dúas semanas) ou SHE IS OPENING ON MONDAY THE 25TH (Ela abrirá o luns 25). Normalmente o present continuous con significado de futuro vai acompañado dunha expresión temporal. Para más información consultade os apartados 3 e 4 da presentación genially ou premede no título BE_GOING_TO_WILL_PRESENT_CONTINUOUS .

    • ACTIVIDADES

    • Explicación completísima que fixo a profesora Ana sobre o uso do futuro en inglés. Con exercicios para descargar, solucións, vídeos e xogos. Preme a icona de audio e accede á explicación en español. Empezaremos traballando os apartados 1 e 2. 

    • Facede os exercicios 1,2,3 e,4 da páxina 58 do workbook.  Recordade: PREDICCIÓNS E DESEXOS por un lado, PLANS e INTENCIÓNS polo outro.

    • Esta vez traballamos a comprensión oral coa letra da canción Running Through Me.

    • Exercicios para practicar as formas de futuro: BE GOING TO, WILL, PRESENT CONTINUOUS.

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións dos exercicios da páxina 58 do Workbook.

    • Solucións dos exercicios da ficha BE GOING TO, WILL e PRESENT CONTINUOUS.