Activación do idioma galego nos documentos.

Unha vez que o programa está instalado se queremos escribir un documento en galego e que o corrector ortográfico o corrixa debemos indicarllo ao Writer. Para isto hai varias opcións.

  1. Seleccionar o idioma galego para o documento actual.
    • Ir ao menú Formato - Carácter.
    • No separador 'Tipo de letra', no campo 'Idioma' escoller 'Galego'. (Se o corrector está ben instalado aparece unha marquiña azul con ABC enriba).
  2. Configurar o Writer para que todos os novos documentos sexan en galego.
    • Ir ao menú Ferramentas - Opcións
    • Na parte esquerda facer doble click na opción 'Configuración de idioma' e seleccionar 'Idiomas'.
    • No formulario da dereita na sección 'Idiomas predefinidos para documentos' en 'Occidental' escoller 'Galego'.

Activación da corrección.

A correción pódese realizar de dúas formas. A forma rápida de activalas é na barra de ferramentas, premendo respectivamente nalgunha destas dúas iconas.

writer
  1. Corrección do texto mentres se escribe.
    Deste modo a medida que se escribe o texto as palabras incorrectas aparecen subliñadas en vermello. Premendo co botón dereito do rato sobre a palabra errónea nos mostra unha lista de palabras posibles para substituíla.

  2. Corrección de todo o documento logo de escribilo.
    Ábrese unha ventá na que imos vendo as palabras incorrectas e podemos escoller entre as suxestións que nos da o corrector para corrixilas ou ignoralas se é correcta.

Descarga e instalación para OpenOffice.org 3

Se descargaches a versión do OpenOffice.org 3 en galego, non é necesario que instales o corrector, xa que vén instalado de modo predeterminado.

Para descargar a última versión (só válida para o OpenOffice.org 3) temos que descargar a extensión co corrector desde a seguinte páxina:

Extensión Corrector galego OpenOffice.org 3

Nesa páxina hai que premer no botón "Get it" para descargar o ficheiro: corrector_OOo.oxt para posteriormente gardalo no noso computador.

Imaxe:Descarga_ooo_oxt.jpg

Unha vez descargada a extensión, procederemos a abrir o OpenOffice.org 3.

Abriremos o menú "Ferramentas-Xestor de extensións"

Imaxe:Xestor extensions.jpg

Prememos o botón "Engadir..."

Seleccionamos o ficheiro corrector_OOo.oxt e prememos abrir. Iniciarásenos o asistente para instalar a nova extensión:

Imaxe:Wizard oxt.jpg

Prememos en "Aceptar" para aceptar a licenza da extensión e con isto estará rematada a instalación do corrector.

Agora abondará con reiniciar o OpenOffice.org 3 para poder comezar a usalo.

Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM