1.2. Activar o idioma galego nos documentos
Activación do idioma galego nos documentos.Unha vez que o programa está instalado se queremos escribir un documento en galego e que o corrector ortográfico o corrixa debemos indicarllo ao Writer. Para isto hai varias opcións.
Activación da corrección.A correción pódese realizar de dúas formas. A forma rápida de activalas é na barra de ferramentas, premendo respectivamente nalgunha destas dúas iconas. ![]()
Descarga e instalación para OpenOffice.org 3Se descargaches a versión do OpenOffice.org 3 en galego, non é necesario que instales o corrector, xa que vén instalado de modo predeterminado. Para descargar a última versión (só válida para o OpenOffice.org 3) temos que descargar a extensión co corrector desde a seguinte páxina: Extensión Corrector galego OpenOffice.org 3 Nesa páxina hai que premer no botón "Get it" para descargar o ficheiro: corrector_OOo.oxt para posteriormente gardalo no noso computador. Unha vez descargada a extensión, procederemos a abrir o OpenOffice.org 3. Abriremos o menú "Ferramentas-Xestor de extensións" Prememos o botón "Engadir..." Seleccionamos o ficheiro corrector_OOo.oxt e prememos abrir. Iniciarásenos o asistente para instalar a nova extensión: Prememos en "Aceptar" para aceptar a licenza da extensión e con isto estará rematada a instalación do corrector. Agora abondará con reiniciar o OpenOffice.org 3 para poder comezar a usalo. |



