1.3. Utilizar OpenOffice.org dende unha chave USB
Requisitos de finalización
Utilizar OpenOffice.org dende unha chave USB
Existe a posibilidade de empregar o OpenOffice.org dende unha chave USB. Isto fai posible empregar o OpenOffice.org en calquera computador sen necesidade de instalalo previamente. Deste xeito pódese, por exemplo, traballar con documentos feitos con OpenOffice.org nun computador que non o teña instalado.
Isto é posible grazas ao proxecto OpenOffice.org Portable. Na páxina oficial do OpenOffice.org Portable pódese descargar a última versión en inglés. Na web de mancomun.org está dispoñible a versión 2.3 en galego co corrector ortográfico do galego xa integrado.
Para executalo, non hai máis que descargar o ficheiro, descomprimilo, mover o cartafol a unha chave USB e estará listo para usalo.
Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42