Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

S

Síndrome do fillo de Bilbao

tensións

Denomínase así á situación xerada cando un familiar que estivo ausente durante o proceso de enfermidade chega nos últimos momentos, probablemente con sentimentos de culpabilidade,  mantendo puntos de vista diverxentes sobre como coidar ao paciente de modo que exerce unha forte crítica aos familiares que o coidaban e ao equipo médico.

Esa ausencia non é sempre causada por distancia espacial, poden existir outras razóns obxectivas coma non dispoñibilidade temporal, pero tamén motivos subxectivos como distanciamento afectivo-emocional coa persoa enferma e mesmo unha situación de claudicación persoal anticipada.

A consecuencia disto aparecen fortes tensións que poden afectar negativamente ao paciente e a familia. 


Soporte vital

Refírese as accións clínicas a levar a cabo para manter algún tipo de vida dun ser. Por exemplo: 

  • Asistencia respiratoria mecánica
  • Resucitación cardiopulmonar
  • Medicación vasopresora
  • Hemodiálisis
  • Nutrición
  • Hidratación

Sufrimento

Non pode ser entendido coma sinónimo de dor, aínda que a dor sexa unha das causas de sufrimento.

A dor física non sempre está presente cando hai sufrimento. Máis que a dor, o que fai sufrir é o temor a que este se intensifique ou que se prolongue sen fin e sen posibilidade de control. Entre as diversas causas do sufrimento, a ameaza da perda da integridade da persoa é moi común.

É de destacar a definición de sufrimento dada por Loeser y Melzack: “Unha resposta negativa inducida pola dor e tamén polo medo, a ansiedade, o estrés, a perda de obxectos afectivos e outros estados psicolóxicos”.

Ramón Bayés di que unha persoa sufre cando:

“experimenta ou teme que lle aconteza un dano físico ou psicosocial que valora como ameaza importante para a súa existencia ou integridade psicosocial e/ou orgánica e ao mesmo tempo cre que carece de recursos para facer fronte con éxito a esta ameaza”

O sufrimento é sempre subxectivo en tanto que depende de sensacións que tamén o son, un diagnóstico dunha enfermidade grave pode ser percibido en grado diferente como unha ameaza por persoas distintas.