Pídovos que, para facer un foro máis interesante, ameno, fácil, cómodo e de maior calidade non posteedes frases baleiras tales como:
"A min paréceme moi ben/interesante"
"Estou dacordo contigo"
Xa que esto desvirtúa o foro, éncheo de trangalladas e cada vez que leo as mensaxes novas leo trinta veces o mesmo. Estas frases claro que se poden dicir, pero o lóxico sería que fosen acompañadas de xustificacións ou información adicional.
Pídovos que tomedes en conta esta mensaxe.
Saúdos