Foro

Chámome 01001101 01100001 01110010 01101001 11100001 01101110

Chámome 01001101 01100001 01110010 01101001 11100001 01101110

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 19

Pois si, ese é o meu nome no código binario que pode entender un ordenador, a máquina é a única linguaxe que sabe ler.

Como sabedes esta linguaxe ten unicamente dous díxitos, o 1 e o 0, a máquina o entende porque o 1 dase cando pasa a electricidade, ou sexa o circuito está activo e cando non pasa a electricidade, está desctivado, iso é o 0.

Pois a todos os caracteres, como as letras, maiúsculas e minúsculas, os números e outros signos e controis lles corresponde un número de 0 a 255 (é o código ASCII), así a M é o 65 que pasado ao código binario vén sendo 01001101.

Así que Marián: 01001101 01100001 01110010 01101001 11100001 01101110

e por exemplo Óscar: 11010011 01110011 01100011 01100001 01110010

e Ismael: 01001001 01110011 01101101 01100001 01100101 01101100

Se queres coñecer como se escribe o teu nome no código que usa o ordenador preme aquí.

Se alguén quere entender mellor isto dos circuitos en relación coa linguaxe máquina aquí podedes encotrar uns simuladores (se tedes dificultades avisade na clase).

Xa vos irei contando máis cousas sobre isto.