Pois si, ese é o meu nome no código binario que pode entender un ordenador, a máquina é a única linguaxe que sabe ler.
Como sabedes esta linguaxe ten unicamente dous díxitos, o 1 e o 0, a máquina o entende porque o 1 dase cando pasa a electricidade, ou sexa o circuito está activo e cando non pasa a electricidade, está desctivado, iso é o 0.
Pois a todos os caracteres, como as letras, maiúsculas e minúsculas, os números e outros signos e controis lles corresponde un número de 0 a 255 (é o código ASCII), así a M é o 65 que pasado ao código binario vén sendo 01001101.
Así que Marián: 01001101 01100001 01110010 01101001 11100001 01101110
e por exemplo Óscar: 11010011 01110011 01100011 01100001 01110010
e Ismael: 01001001 01110011 01101101 01100001 01100101 01101100
Se queres coñecer como se escribe o teu nome no código que usa o ordenador preme aquí.
Se alguén quere entender mellor isto dos circuitos en relación coa linguaxe máquina aquí podedes encotrar uns simuladores (se tedes dificultades avisade na clase).