Profe, creo que me expresei mal. Eu xa sei que é obrigatorio enterrar ás persoas ou incineralas, ao que me refería era á misa polo defunto, ir de luto... Pois no documento non falaba da obrigación de realizar unha misa, o que non tiña tan claro era se as perosas laicas tiñan que facer algo substituindo a cerimonia relixiosa e vin que si, a cerimonia civil (pero paréceme raro, porque ao meu avó non lle fixeron cerimonia ningunha, simplemente un da funeraria leu un párrafo da biblia). No modelo de testamento que sae no artigo vense as distintas opcións da persoa (se quere ser incinerado, enterrado, quen quere que lea na cerimonia, se prefire flores ou fotos... pero non se lle da a opción de que non haxa nin flores, nin lecturas, nin sequera que non haxa cerimonia. Algúns dos puntos da cerimonia civil parécenme prescindíbeis:
Na abertura
Explicar porqué no se hace una ceremonia religiosa es adecuado en esta ocasión,
remarcando el respeto por los presentes que tengan creencias religiosas.
o homenaje ó falecido, paréceme bastante hipócrita (agora que está morto resulta que era a persoa máis xenerosa, boa, agradecido e todos os adxectivos que expresen as cualidades dunha persoa perfecta, é dicir, dunha persoa que non existe). Pode que non sexa así del todo, pero iso é o que nolo fan ver nas típicas pelis americanas.
Celebración de la vida que se ha acabado, recordando las cualidades
y los hechos biográficos del difunto. Explicar anécdotas, divertidas si es posible, experiencias
vividas con la persona, el recuerdo que nos deja.
Outra cousa da que non era conscente é do elevado consumo e impacto. Toda a madeira gastada dos ataúdes e a contaminación pola incineración, non é excesivo que para incinerar a unha persoa esta teña que estar nun ataúde? un ataúde que durará unhas horas escasas ata que se faga cinzas. A idea inglesa dos cementerios ecolóxicos está moi ben, en vez de lápidas plántase unha árbore, facendo parques memoriales, e enterrando ós defuntos en ataúdes biodegradables.