Foro MEDITA

A morte e o poder

A morte e o poder

by Deleted user -
Number of replies: 3

A morte e o poder

A túa postura está ben amparada pola lexislación actual?

Hai na actualidade posicións opostas a túa? Teñen poder os que pensan diferente a ti?

Condicionan dalgún xeito a túa perspectiva referente á morte?

 

Se a miña opinión está ben amparada?A verdade é que non o sei a ciencia certa; nin o está, nin o deixa de estar. Pois, é o estado o que nos obriga a realizar unha misa pola morte de alguén? Non, somos nós mesmos quen, inconscientemente, relaccionemos morte con funeral (aínda que se nos paremos a pensalo detidamente deduzcamos a inutilidade que ten) debido aos longos séculos de sumisibilidade ante o impoñente poder da Igrexa. É o estado o que nos impón que haxa que enterrar ós mortos? Non, hai liberdade para doalos á ciencia ou incineralos; pero tamén hai limitacións xa que é tan antiecolóxico votar o corpo ao monte e ao mar como enterralo. A quen lle gustaría estar a pasear polo monte e atoparse un cadáver en descomposición ou estar na praia e que a corrente achegue corpos? A ninguén seguramente (senón sería preocupante) Ademais, se non existise este control, quen podería atopar probas contra un asasino que pode alegar que a persoa morreu na casa e que el prefiríu votala ao monte sen máis e simplificar o trance non acudindo ao hospital? Cantas mulleres poderían morrer así a manos das súas parellas!

En canto á eutanasia estou totalmente dacordo con poder axudar a quen quera para acurtar a súa vida, porén tamén comprendo o criterio dos contrarios a isto. Como saber onde marcar o límite? Coa excusa de rematar co sufrimento da persoa poderían satisfacerse outros intereses. Eu son dona dos meus actos; pero como saber que o meu veciño non estará a facerlle a vida imposible á persoa dependente del, sen coidalo, maltratándoo, facéndolle crer que a vida non vale a pena, para que este deseperado lle pida que remate co seu dor, que o mate? Xa sei que pode parecer moi forte ou improbábel, pero estamos a supon que todo o mundo laméntase pola morte, pero o certo é que detrás dela hai moitos intereses (herencias, poder, quitarse de enriba un problema...) e despois de ver todas as guerras que nós mesmos temos levado a cabo podo crer que haia xente capaz diso.

Tal vez a postura máis oposta a min sexa á Igrexa: a necesidade de cumplir uns preceptos que nos fagan máis dóciles ante o poder na terra, pero que ten como función divina  ir ao ceo. Vivir con austeridade e obediencia a vida para morrer e ir a... adonde? A ningures. Pero, por moito que nos neguemos a admitilo, a Igrexa segue a ter inha infuencia tremenda sobre nós, ao fin e ao cabo, nós nacimos, vivimos e mamamos destas costumes que están agora grabadas na nosa mente. Senón por que tanta xente casa pola igrexa cando non vai a misa dende hai seis anos?

Se condicionan? Claro, a todos, aínda que dun xeito inconsciente, pois se che paras a pensar detidamente, has chegar a unha conclusión totalmente contraria. Isto explicouse coa psicoloxía: ensíntante varias fotos e dinte unha palabra, inmediatamente a túa mente fixaráse nunha, aínda que iso sexa totalmente contario ao que pensas. Un exemplo é que, dinte a palabra criminal, e inconscientemente os teus ollos dirixiranse á fotografía  na que aparece un home de cor. Isto ocorrerá sempre aínda que sexas de todo menos racista, é máis, ao instante de mirar a foto pensarás, pero porque mirei esta foto se criminais hainos en todas as culturas, e son tanto brancos, como negros, como chinos? Esta é a consecuencia das culturas.

Re: A morte e o poder by Deleted user -
Re: A morte e o poder by Deleted user -
Re: A morte e o poder by Deleted user -