Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

A morte e a sociedade

Gustaríache que a sociedade tivese máis recursos e estratexias para superar as dificultades que aparella a morte? Que botas de menos?

Son necesarios os rituais, cómpre que sexan diferentes? Máis intimidade ou máis estratexias colectivas?

Recollerías aspectos positivos da forma en que se vivía a morte, a propia ou a dos próximos, na Galicia tradicional, para unha nova construción social dos procesos mortuorios?

1º Si, calquera axuda para superar o trance sería boa, pero creo que non suficiente. A dor pola morte dalguén é inmensa, pero os grupos de axuda, os amigos e familiares soamente poden acompañarnos, pero quen o ten que superar realmente é a túa cabeza, de ahí que puxera a palabra pensar no traballo anterior. Somos nós mesmos os que parece que queremos sufrir, pois lembramos, pensamos, lamentamos... Por exemplo, eu nunca me dera de conta da cantidade de goldens que hai pola rúa ata que o meu enfermou, e cada vez que pensaba nel víñame á cabeza a súa imaxe no chan tremendo e convulsionando (xa sei que a morte dunha mascota non é o mesmo, pero tamén se sufre por ela). É este talvez o prezo da nosa evolución intelectual e de ser conscientes da nosa propia morte.

2ª Rituais? Pois a verdade non sei, estes poden ter a importancia que nós lles queramos dar. Sempre tiveron gran transcendencia, e se era así é porque a xente non tivo a necesidade de mudalos; pero a medida que cambian os tempos e a sociendade, este tipo de actos culturais van mudando tamén, adaptándose. Agora nos atopamos nun momento difícil, pois é tan rápida a evolución da sociedade, que non da tempo a que os disitntos aspectos culturais se adapten, e como consecuencia temos seccións da sociedades con criterios totalmente distintos. Estes ritos están destinados a mudar, só necesitan tempo, e isto podémolo ver nas distintas concepcións que temos nós, os xovenes que nos queda moito por ver e facer, e as concepcións dos nosos avós . Eles viviron unha época na que a comunidade era o esencia;, pero nós nos criamos nun  mundo no que a individualidade estaba á orde do día, xogando sós co ordenador en vez de estar  no campo con outros rapaces traballando.

3º Como dicía antes, os ritos tradicionais foron empregados durante séculos debido a que resultaban positivos. Pero agora todo o noso mundo cambiou e nos podemos concebir a idea do luto e de recluirse na casa, por moito que daquela resultara o mellor, nin a idea de que todo o pobo e o pobo veciño acudise ao enterro. Como sería iso agora se tivera que vin toda pontevedra e poio pola miña morte? Ademais, os estudos que se están a facer demostran o perxudicial que resultan os enterramentos e incineracións para o medio. Non, temos que buscar alternativas que se adapten a nós.