Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

by Deleted user -
Number of replies: 0

A morte e a sociedade

Gustaríache que a sociedade tivese máis recursos e estratexias para superar as dificultades que aparella a morte? Que botas de menos?

Son necesarios os rituais, cómpre que sexan diferentes? Máis intimidade ou máis estratexias colectivas?

Recollerías aspectos positivos da forma en que se vivía a morte, a propia ou a dos próximos, na Galicia tradicional, para unha nova construción social dos procesos mortuorios?

1. Como xa dixen noutros comentarios, creo que como a morte é algo individual e que afecta a cada quen dun xeito moi diferente, é dificilísimo achegar unha estratexia universal extrapolable a todalas personas que se teñan que enfrontar de preto a unha morte. Penso que cada quen, no seu círculo familiar, de amizades, etc. se atopará con algo relativamente distinto cando algún ser querido morre, e como xa falamos nos outros foros a cada quen lle gustará que lle traten nun momento así dun xeito distinto.

2. Eu penso que os rituais son unha parte fundamental da morte, unha forma de rendir tributo e de deixar constancia do lazo que te unía co morto. Dependendo das crenzas de cada quen suporán unha cousa ou outra, é dicir, un católico pensará que a alma dese ser pasará a unha vida mellor e que o funeral é unha parte moi importante dese proceso, pero unha persoa que non cree ou incluso rexeita a idea de Deus deberá tomarse a figura do ritual funerario como algo que non trascenda os límites do mundo no que vivimos, como xa dixen como un xeito de rendir homenaxe ao falecido.

Non sei se compre que sexan diferentes ou non, a miña opinión persoal é que están ben como están pero teño claro tamén que cada un debe ser consecuente cos seus principios e pretender que á súa morte se lle trate do xeito que prefira. Non ten que ser un acto relixioso se a persoa non o foi en vida, os actos de aspecto laico son igual de válidos ao meu parecer aínda que eu persoalmente preferiría outro.

3. Persoalmente descoñezo como eran os procesos mortuorios da Galicia tradicional, pero non penso que estes procesos sexan discutibles na actualidade. Como digo, eu creo na liberdade de cada quen para recibir o trato que prefira despois de morto, aínda que por determinadas circunstancias non se leve sempre a cabo. Pero non penso que se deba colectivizar este tema, penso que é algo moi moi persoal.