Foro MEDITA

A morte e o poder

Re: A morte e o poder

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Non claro que non sería volver ao foro crea e ler o debate sobre a eutanasia para ver claramente que nin de broma. Unha frase q me gusta moito ""somos libres para vivir e polo tanto libres para morrer"" a morte non é máis que unha parte das nosas vidas, e morrer é un dereito ao que temos que ter todos a posibilidade de acceder. Que hoxe en día iso non estea amparado pola lei é algo moi sorprendente. Sobre todo porque hai unha cousa que é clara, e o digo en xeral con calquera tema dos que se estan agora a falar como pode ser o aborto, o matrimonio homosexual de fai pouco etc. A poboación esixe as leis, cando hai casos e casos de persoas ás que lles acontece unha determinada cousa (como pode ser quedarse embarazada en non querer ter un fillo, ou estar nun estado agonizante e querer evitar ese sufrimento morrendo, casarte cunha persoa do teu sexo etc.) e que a fan, aínda que sexa de maneira ilegal ás agachadas da sociedade, todo iso ten que lexislarse, ten que estar amparado pola lei. Non porque entre en vigor unha lei que legalice a eutanasia máis persoas van a matarse, iso é unha bobada, senon que todas esas persoas, que o facían pagando en sitios privados e por detrás van ter na súa morte a seguridade de estar amparados polas leis. E como con isto con todo.
Eu sen dubida nun caso extremo , de agonia, ou ben sen agonia, dunha enfermidade dexenerativa que soubese que non ía ser dona de min mesma ao chegar a un determinado límite eu pediria por favor que me deran algo para dormirme, e non sufrir nin eu nin os que teñen que verme asi.