Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Non teñas medo de expresar mal o que sinrtes porque non é o caso en absoluto. Estamos a falar de procesos moi complexos que afectan ás persoas dun modo integral. Cando falamos de perdas que nos aflixen moi especialmente porque esa persoa era vital para nós, entón parte de nós tamén morre e iso crea un baleiro insoportable que só a nosa dor pode encher durante un periodo de tempo máis ou menos longo e é un proceso que non debemos rexeitar porque, curiosamente, é a nosa única posiblidade de supervivencia. A alternativa é crear unha coraza que nos faga incapaces de volver a experimentar todos eses sentimentos que eramos quen de expresar cando tíñamos a esa persoa perto de nós. Ese período tan difícil é o que temos que aprender a xestionar para nós e para as personas que queremos axudar cando teñan unha pérdida grave no seu entorno. Será un periodo diferente para cada un de nós, en duración e intensidade. Tamén en estratexias que dependerán de cousas como a idade, a relación coa persona falecida, a nosa personalidade, as nosas crenzas ou conviccións e moitos factores máis. pero se a persoa que desaparece era esencial para nós temos que asumir que o sufrimento vai ser moi intenso, pero será noso, temos que vivilo e non rexeitalo para poder, como ti dis, seguir vivindo con plenitude. O que quero dicir é que tan pernicioso pode ser que che digan canto tempo tes que levar loito como que che fagan sentir culpable porque pasas por un periodo de aillamento ou deseperación ou tristeza infinitas.