Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Eu non facía referencia ao tema do machismo no luto, por non desviarme da cuestión que é a morte. Pero loxicamente non hai que ser moi espabilado para decatarse de que nunca verías a un home facendo luto, pero en calquera aldea sobre todo en Galicia as pobres rapazas veían na morte dun familiar un augurio porque lles privaba de calquera momento de felicidade das súas vidas, e as rexeitaba a un segundo plano no que só existían a reflexión e as bágoas. As nenas debían de rezar para que os seus familiares durasen a lo menos 100 anos por non ter que soportar iso. E por suposto só mulleres, sempre mulleres, os obxectos dos homes e da sociedade, ata fai moi pouco.

O de atopar un ritual do xeito que propon a profe Marian, con mais autonomía, é tarefa complicada. Este tema resulta un pouco ao meu parecer utópico xa que, todas estas cosas da que falo por exemplo, que a mi me gustarían ou como a mi a moitos é practicamente imposible. A sociedade está totalemente sumerxida nuns costumes valores polos que se rixe, calquera idea fora diso suporía un trauma para todos os individuos dela. Falar de intentar modificar tantos e tantos anos de creenzas e de costumes e intentar mover uns pilares tan fortes como son os da relixión é algo imposible. Ten moitos anos de historia, moito peso, demasiado, e son moitos e moitos anos de lavados de cerebro a moitas xeracións que transmiten o seus valores e se amarran a eles e non se soltan. E todo isto é moi dificil modificalo dun día a outro.

As persoas deberían de ser libres para expresar os seus sentimentos e non estar oprimidas por ningun tipo do ""que dirán"" ni polos valores establecidos, pero aínda que te lo propongas é tarefa complicada