Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

by Deleted user -
Number of replies: 0

iso é como o que di: eu non reciclo pq ninguén o fai. Se ti non pos o primeiro grano de area ese proceso nunca vai sair a diante. Se todas as persoas que pensan que sería bó que houbese que educar á sociedade doutro xeito cara a morte por exemplo non o fai, e seugue a educar aos seus fillos como a sociedade esixe, nunca conseguiremos cambiar eses valores que desexamos.
Dun día para outro non pode lograrse, pero si ao longo de xeracións. A sociedade evoluciona e mesturase, e ás veces non é cuestión dun periodo demasiado longo de tempo. ¿Quen lle ía dicir aos meus avos ou aos meus pais na epoca de franco que só 40 anos mais tarde persoas do mesmo sexo se ían poder casar e que a sociedade o ía acabar admitindo?? Eu penso que iso tamén plantexabase como algo imposible, e en cambio son só 40 anos.