Foro CREA

a miña anterior composicion da wiki

Re: a miña anterior composicion da wiki

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 4

Marga vouche propoñer unha cousa. Verás, o caso é que a túa composición é demasiado longa para os propósitos do que queremos facer neste apartado. O que pretendemos non é outra cousa que unha especie de montaxe literario colectivo con sons e imaxes que trasmita as nosas sensacions e inquedanzas sobre este tema.

Entón, se che parece vas facer o seguinte. Concéntrate na parte final, onde falas da túa bisavoa e imaxina que falas con ela e lle dis libremente todo o que che fai sentir esa persoa á que tanto queres, que xa viviu tantos anos pero que para ti é tan importante e a que non queres perder. Xa case está todo no teu relato, é só que precisamos que lle des unha forma diferente. Un par de preguntas dirixidas en teoría a ela ou unha pregunta e unha resposta estarían ben.

Ti e todos agora tedes que elexir a palabra ou palabras onde queredes facer a ligazón aos arquivos de son ou imaxes ou videos, así como o acabo de facer eu.

Por certo a ligazón é a famosa famosísima canción de despedida de Sinatra.

podedes botar unha ollada ao texto da canción que aparece na ligazón de youtube que vos mando.

Re: a miña anterior composicion da wiki de Usuario eliminado -
Re: a miña anterior composicion da wiki de Usuario eliminado -
Re: a miña anterior composicion da wiki de Usuario eliminado -
Re: a miña anterior composicion da wiki de Usuario eliminado -