A morte dunha persoa querida é basicamente unha lembranza, un recordo. Dende que o seu corazón e o seu cerebro páranse, dende que esa persoa deixa de existir o que a fai seguir vivindo neste mundo, o que fai que non desaparezca é o recordo que os que seguen vivos teñen dela. Din que unha persoa realmente morre cando os que seguen vivos a esquecen. Por iso a palabra que mellor describe a morte del alguén é RECORDO.
Ese recordo, esa lembranza asentase en nós co paso do tempo, pero nunca pode deixar de provocar angustia. Cando alguén que queres enferma ou morre formase unha dor no peito que non podes evitar, e a expulsas chorando e liberando os teus sentimentos. Esa dor é angustia. Cando esa persoa se vai, angustiache pensar que non sabes cal é o seu destino, neses momentos non es racional, soamente moveste polos teus sentimentos, e só preocupate se a persoa que morre se atopará ben onde quer que vaia, aínda que en realidade non vaia a ningures. Xunto esa angustia atopas un gran vacío dentro de ti, porque sentes que alguén non está, que esa persoa que en parte formaba parte da túa vida e a enchía coa sua presencia xa non está, que queda un oco en ti, e que a partires dese intre ti tamen vas ter que cambiar algunhas cousas da túa vida.
Por outro lado a morte de alguén querido sempre adoita ser un arrepentimento de todas esas cousas que te esqueziches de dicirlle ou ben de facer con ela. De todas ese tempo perdido en balde que poderiades habelo disfrutado moito máis. Un arrepentimento de non recordarlle o moito que o querías ou de non haber pasado eses ultimos momentos ao seu lado.
Pola contra cando un mesmo morre a cousa cambia, os sentimentos son distintos. Neses ultimos momentos de vida sentes medo, é imposible non sentilo, xa que tes a dúbida de que vai acontecer despois, porque aínda que non creamos nun mundo despois da morte asumir que vas desaparecer,que vas a deixar de ver aos teus seres queridos, deixar de respirar, deixar de querer, deixar de existir, é algo que non resulta doado. Ese final, absoluto e irremediable, que non é máis ca unha despedida de todas esas cousas que che aconteceron nese periodo de tempo ao que chamamos VIDA. Por outro lado o feito de seres inmortal suporía un aburrimiento, xa que non lle darías importancia ás cousas, nin as valorarías, sería como o neno que ten mil xoguetes e cando lle dan un máis nin sequera o mira. Terías toda a vida por diante para poder facer miles de cousas, nin memos a idea de tomar unha decisión suporía un agobio xa que se erras terías todo o tempo do mundo para rectificar. Isto sería unha cousa gratificante, xa que de ser así os sentimentos malos en parte erradicaríanse e non pasarías por malos momentos cando enfermas por exemplo, porque saberías que acabaría por curarse ese mal. Daríalle moita máis seguridade ao ser humano en todos os aspectos, xa que nunca faría as cousas con medo e todos nós estaríamos moito máis seguros de nós mesmos.
Pero a morte non hai só que vela como algo malo, que é inebitable e supón unha desgracia para o individuo. Se un meniño ou unha persoa xoven morre atopar cousas positivas niso é imposible, pero no caso de ser vello, e morrer ven sexa dalgun problema de saúde o só debido á idade, ten as súas cousas positivas xa que supón un asentamento de todo o que che pasou en vida. É como o punto e final do libro da historia da túa vida. Moitas veces falando coa miña bisavoa,que ten 93 anos, dime : a mi xa non importaría morir, eu xa vou vella e vivin todo o que tiña que vivir, pasei miles de momento, e agora que os vexo a vós todos saniños sen ningún problema, os vin crecer, estivéchedes sempre conmigo, agora xa penso que chegou a hora de que eu poida morrer en paz.
Eu non sei se deverdade o sinte ou o que ten en realidade é medo e se agocha niso, claro que cando o di a min só éntranme ganas de chorar mentres que a ela ilumínaselle a cara dunha maneira curiosa. O único é que non lle importaría desaparecer, evadirse do mundo. Irse ao que en realidade é a morte, unha nada, cunha explicación biolóxica da nosa marabillosa máquina, o noso corpo, que así como surxe de dúas celulas, que son prácticamente nada, esvaese e deixa de funcionar, como se dunhas pilas non recargables se tratase.
Estás son algunas de las canciones que me recuerdan a este tema:
http://www.youtube.com/watch?v=hoCZ8H0RAsA