Foro IMAXINA

Imaxina que...

Re: Imaxina que...

by Deleted user -
Number of replies: 0

En resposta a Jaime, si, penso na morte, na propia e na dos demais (e non pouco precisamente). Se les o capítulo de savater que nos mandou a de filo o comprenderás. Comeza explicando a sobervia dos nenos ante a morte, non creen que isop vaia con eles; pero que comezan, poderíamos dicir, unha nova etapa dende o momento xusto no que se decatan de que eles están ante a morte ao igual que o resto, de que dende o momento mesmo de nacer están preparados para morrer. Savater puña o exemplo da súa experiencia, non lembro ben, pero debía ser algo semellato ao teo. Mentres lia esas liñas lembrei o momento mesmo no que eu cheguei a esa conclusión e deixei de ser unha nena. Foi hai anos, non lembro ben, cando desapareceran dúas nenas inglesas que estaban conectadas nun chat dun ciber; estiveron meses buscándoas e finalmente atoparon os seus corpos. Ese tipo de historias son bastante comúns, pero a min marcoume esa en especial. Cando o escoitaba na tele pensaba que elas eran nenas normais e que agora estaban mortas; eran normais, eran normais, eran normais... tan normais coma min! E se iso me ocorre a min tamén? Ata entón eu non cria que puidera nunca chegar a morrer, podería estar moi enferma, pero sempre ocorrería algunha milagre que me salvaría. Pero a esas nenas ninguén as salvou... entón a min? Iso todo o pensaba eu cuns dez anos, pero era nos momentos nos que estaba aburrida e comezaba a darlle voltas; porén cando saía, xogaba e me divertía o esquecía.

 Isto dígocho para que penses que talvez unha solución ao teu medo sexa, non esqueceloporque iso é imposible, senon que deixalo nun lugar secundario, non deixes que ese medo guie os teus actos pois, como ben dicía Marga, a morte pode chegar en calquer momento, mesmo eu podería morrer agora mestres escrbo isto e non por iso vou apartarme do ordenador,pois se vai ocorrer dará o mesmo que estea encerrado na casa,  correndo unha maratón ou facendo puentin,por exemplo. Por iso, aconsellaríate que viviras cada día ao máximo, como se fose o último, de maneira que se morreras puideras pensar " valeu a pena vivir estes anos"