Foro IMAXINA

Imaxina que...

Re: Imaxina que...

by Deleted user -
Number of replies: 0

Eu penso máis nese sentido na morte da xente que me rodea, de que por un infarto ou o que sexa morra de súpeto. Teño máis medo á morte dos demais cá a miña, non sei por que , probablemente polo sufrimento que pasaría, sen embargo tomo a miña propia morte como un descanso, pero está claro que tamén me pregunto moito pola miña morte, como se sentiría a xente que me quere se me pasa iso, qué hai despois da morte, habrei cumprido todo o que me gustaría facer na vida..? . Jaime eu creo que as túas sensacións despois da morte desa moza son normais, eu pasaría polo mesmo, por iso convén estar o mellos preparados para as diferentes circunstancias.

No caso da enfermidade, eu loitaría o máximo para sobrevivir o máximo posíbel , sen embargo ata que a persoa a sufra nunca saberemos que é o que realmente fariamos ou sentiriamos nesa situacion.