Re: Palabras asociadas á morte das persoas que máis importan
por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Pois a min esto ultimo non me parece tan mal. Eu a única experiencia que tiven relacionada coa morte dende que nacin foi a da miña bisavoa, bueno tamen a dun bisavo pero dese non me lembro, pero o da miña bisavoa o vou contar.
A miña bisavoa chamabase Carmen, de ahí a que eu leve ese segundo nome, vivía en casa dos meus avós maternos que é moi cerca da miña, polo que vou moito a visitalos e cando era pequena igual. Ela estaba sempre ali e a min adorabame, eu era moi pequena cando morreu, de feito ía cumplir 5 anos o mes seguinte, pero facía tantas cousas con ela que acordome da súa imaxe e de todo perfectamente. Ela ensinoume todos os xogos de cartas que sei agora, tamen a facer trampas, e xogabamos aos medicos na súa cama, deixabanos abrir os seus caixons...era moi boa. Un día saíndo do cuarto de estar caeu e rompeu a cadeira, tiña 80 e poucos anos pero estaba moi ben de saude. A ingresaron no hospital e comenzou a deprimirse porque dicía que non ía recuperarse e así foi. Non me lembro canto tempo pasou ata que morreu, pero non foi moito.
Dende o día en que caeu e rompeu a cadeira non a volvin ver máis. Miña nai nunca deixoume ir ao hospital, nunca falaban do seu estado de saúde delante miña, e cando eu preguntaballes só dician que tiña moitas ganas de verme e de volver xogar conmigo ás cartas. Despois morreu, a min contaronme que se había ido co meu bisavó porque o botaba de menos, a min deume mágoa polas nosas partidas de cartas, pero o unico que quería era que ela fose feliz. Tampouco fun ao seu funeral.
Fai pouco falando coa miña nai dela, comenteille que eu só gardaba un recordo bo dela, que todo o mal que estaba antes de morrer eu non o lembraba. A miña nai contoume que eu non podía lembrar iso porque non o vivira, porque gracias a non ir vela ao hospital, ao non vela na cama da casa dos meus avos enfermiña, eu o único do que me lembro dela é de todas esas cousas que comentei antes que faciamos xuntas. Foi como a maxia da que falei unha vez, o que pasa e o malo é que iso só se consegue coa inocencia dun neno pequeno.