Sinto comunicarvos que estades a superar amplamente os tempos previstos para esta sección. Tedes que presentar nas wikis as vosas composicións xa. É certo que non estades afeitos a traballar desta maneira, a cotío se vos pide que reproduzades determinadas informacións ou que as busquedes e agora se vos está a pedir algo moi diferente. A informción está en vós. Pídesevos que como dicía o oráculo de Delfos, ao que alude Sócrates, vos coñezades a vos mesmos. A partir de aí, en base as palabras que reflicten en algo o voso sentir intentade unha expresión persoal, non unha redacción descriptiva, senón palabras que transmitan emocións, doces ou amargas, sobre o que os procesos de morrer producen en vós.
Pensade que despois de que as fagades teremos que consensuar ou compoñer entre tod@s a versión definitiva que logo vai enriquecerse con elementos multimedia.
E aínda queda a parte máis teórica reflexiva de Medita. Non quixera entrar en xuño con isto pendente. Cumpride coas indicacións temporais, ademais dádevos de conta que o retraso dun participante repercute no traballo global de todos nós que somos un equipo.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡COMPOSICIÓNS XA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!