Foro CREA

Palabras asociadas á morte das persoas que máis importan

Re: Palabras asociadas á morte das persoas que máis importan

by Deleted user -
Number of replies: 0
Teño precisamente un libro que fala sobre a xestión da morte de familiares con nenos pequenos e entre outras moitas cousas argumenta que os nenos deben ser informados sempre non con dureza pero tampouco con falacias tipo" mamá esta dormida" "mamá é un anxo.." etc. Os nenos e nenas  deben tomar parte activa no proceso dun xeito adecuado a súa idade. Non deben percibir que son especialmente apartados desa circunstancia porque entón percibirán que están ante un tema tabú, sentiranse confundidos porque presenciaran a tristeza e non saberán que se espera deles e isto condicionará a súa relación coa morte nun futuro e provocará aínda máis medo irracional, máis ansiedade.