Jaime pasa as palabras á wiki excluíndo as repetidas.
Paréceme moi interesante que expliques as palabras injusticia e deber en relación á morte dos teus.
Moi suxerente citar "descoñecemento" referida á propia morte. Ramón Bayés é un psicólogo, unha autoridade en España polos seus estudos sobre o referido á morte, sufrimento e os tratamentos en coidados paliativos. Pois di que o non saber que vai pasar conforme avance a enfermidade e cando cheguen os últimos momentos é percibido como a máis grande ameaza polos enfermos, a sensación de perder o control sobre a propia vida é causa de máis sufrimento que a dor que se poida sentir, por iso pensa que ter sempre información veraz a medida que a reclama o paciente e proporcionarlle a oportunidade de tomar decisións é fundamental para o que el considera o obxectivo: morrer en paz.
Estas de acordo Jaime? Como o vedes os demais?