Foro CREA

MOI IMPORTANTE

MOI IMPORTANTE

by Deleted user -
Number of replies: 0
A ver, espero que entendades ben o que quero explicar e que a ninguén lle pareza mal. Marián máis eu entendemos que non estades a facer exactamente o que desexamos que fagades na wiki. as vosas aportacións son valiosas en canto que expresan sentimentos probablemente moi reflexivos e persoais, pero, ata agora, non é o que esperamos de vós neste apartado. Queremos que fagades algo máis literario, máis suxestivo, máis evocador, non tan longo, non tan explicito. Máis parecido ao modelo que apuntamos Marián máis eu. Queremos crear entre todos unha especie de poema textual-sonoro-visual, que recolla as nosas inquedanzas e preguntas en torno a este tema. Non se trata de que fagades algo dunha calidade literaria extrema. Non somos escritores nin poetas, pero estou totalmente segura que podedes producir cousas inmensamente mellores, máis doadas de ler, máis inspiradoras para tod@s os compoñentes do grupo.  Probablemente as instruccións non estaban moi claras. Espero que agora sí. QUEN SE ANIMA A COMEZAR DE NOVO'