Foro CREA

PALABRAS

Re: PALABRAS

by Deleted user -
Number of replies: 0

Tedes razón que sería agobiante se che están a dicir canto tempo che queda de vida. Pero non se trata diso, en absoluto, máis ben se trata de que respondan ás preguntas que o/a enfermo/a faga en cada momento, non de que o atiborren de datos que aínda non pediu. Dicirlle a verdade non é ser cruel, é complexo desde logo, cómpre aprender durante a vida e para múltiples aspectos das nosas relacións, dicir a verdade sen ferir, sen facer dano.

Bayés, Gómez Sancho, e outras autirdades no tema, son da opinión de que morrer con dignidade é morrer coma unha persoa e en tanto que tal sen anular a súa liberdade, iso inclúe non saber, se ela así o prefire, ou saber para organizar o que lle queda de vida, decidir como empregar o tempo e arranxar os temas pendentes coas persoas a quen ama.

Din que a carencia de información relevante para o enfermo pode complicarlle máis o seu proceso de morrer xa que mesmo o pode levar a soportar tratamentos inútiles que doutra forma se podía ter aforrado.

Fixádevos que se fala de PROCESO DE MORRER  e non de MORTE. En realidade o concepto morte responde máis a unha convención que á realidade. A morte non se da nun instante, dalgún modo morremos desde que nacemos. Se iso vos parece exaserado, ao menos teremos que concordar cos expertos que as nosas células en cada división se van achegando máis ao seu limite, ao noso fin. Por outro lado, como imos aceptando as propias perdas, relacionadas coa enfermidade ou a idade, é un proceso. O proceso de morrer de cada día da nosa vida.