a teoria de nietzche da entrada anterior acerca de morrer ou continuar vivindo en malas condicions pode ter a súa razon, pero tal vez a maneira na que o expresou non é demasiado adecuada. Os enfermos son parásitos? soamente se son unha carga para a familia, e aínda así sería moi difícil asegurar que esa persoa debrñia morrer. Sei dun home con alzehimer, tan avanzado que nin fala, nin come nin pode moverse. Aliméntase cun tubo que vai ao seu estomago e o moven e o mudan de roupa uns enfermeiros que van á casa, pero a vítima é a muller pois non pode deixalo so polo que esta atada a un corpo "sen vida". Poderíase pensar que o mellor é deixalo morrer, pero o certo é que el vive a súa maneira. Cando algo lle gusta vese na súa cara, e do mesmo modo se algo lle desagrada tamen nolo fai saber; pode facer amagos de movementos primarios (reflexos); cando lle sentan a ver os debuxos pode seguilos coa vista; e incluso ronca! O que non podemos saber é o que pasa pola súa cabeza (se hai algo claro). Outro caso diferente sería se a persoa non vivira por si mesmo, senon por unha maquina.
Pero eses son casos moi extremos, e alguen que non esta "tan mal"? Por que esa persoa non pode decidir se quere continuar coa súa vida? Non porque sexa so un peso para os demais, senón que tamen para si mesmo.